Ola, chámome X, encantado de debuxarte.

Imos recuperando algúns dos nosos traballos. O primeiro día en Básico fixemos a clásica presentación mediante retrato de todos a todos. Pintar e debuxar é un xeito de coñecer as cousas que nos rodean, e tamén as persoas; tamén é un xeito de que nos coñezan. Presentámonos uns aos outros co nome, cun apretón de mans, ou con dous bicos, mais tamén debuxando e deixándonos debuxar. Eran debuxos rápidos, pequenos, sen correccións, o ollo que ve e a man que debuxa, aceptando as nosas liñas, unha primeira ollada aos compañeiros e unha primeira mostra dun mesmo. Logo todos á parede, xa somos un grupo, na horizontal por modelos, na vertical por autores. Así comprobamos que en cada retrato non hai unha, senon dúas persoas: a retratada e a que retrata.

basico_retratos