David Hockney

Moito mencionamos a David neste 2017 no que fai 80 anos. Falamos del cando tratamos a paisaxe e o retrato co grupo Superior. Tamén cos de Medio o día que resumimos a historia do Acrílico, e utilizamos as súas flowers para practicar mezclas en gouache coas cores primarias. Cos de Básico e Iniciación vimos algunha das súas acuarelas, e cos asistentes ao Monográfico sobre o caderno de apuntes vimos o seu Caderno de Yorkshire. E en todos os cursos fixemos mención as súas investigacións arredor dos inxenios ópticos de axuda ao debuxo na pintura clásica que compilou no libro e documental “O Coñecemento Secreto”. E soñamos con visitar a expo na Tate Britain de Londres  que celebra o seu 80 aniversario e que remata este mesmo mes de maio. Happy aniversary master!

 

Benvidos á Terapia da Observación.

Xa está en marcha o curso Monográfico “Teoría e Práctica do caderno de apuntes, A Terapia da Observación”. Quince homes e mulleres cos ollos moi abertos dispostos a todo. Benvidos á Escola de Arte de Vigo, e benvidos ao espacio infinito das páxinas en branco dun caderno. Poucas cousas existen hoxendía que precisen de máis valentía que pararse a observar o mundo, o de fora e o de dentro da nosa cabeza. Afouteza, confianza e a debuxar! (Degás e o seu reflexo…)fa70033ae71c9d0039369da67ca551e4

Iniciación Básica no debuxo.

A complementaria de Debuxo para o estudantado de primeiro pretende adestrar a vista, a manmuñecabrazombreiro e a cabeciña para ser libres. Teremos que medir, comparar, entornar os ollos, valorar, e ir e vir diante do caballete para atoparnos co noso debuxo. E para eso as mellores mestras son as caixas jaqueadas e as botellas opacas, xente sólida e paciente que se presta desinteresadamente ás nosas concienzudas análises. Formas humildes e esenciais diante dos nosos ollos, grazas a vos seremos capaces de todo.

Óleo, primeiros exercicios.

Empezaba a camiñar o 2017 ano cando os e as estudantes de Superior daban os seus primeiros toques co óleo. Serán apuntes do natural, sobre papel, primeiro en branco e negro respondendo ao desafío das caixas e as botellas. Logo, coa paleta chea de cores, rendemos homenaxe ao xénero das mazás. Pintamos e pintamos e pintamos e as melloras aparecen diante dos ollos dun día para outro. Miragre? Non, traballo. 🙂

O glamour do gouache.

Grupo Medio gouacheando. Primeiro escalas de grises aplicadas a interpretación dunha foto do Hollywood clásico. Máis adiante mezclas coas cores primarias aplicadas ao estudo das flowers de David Hockney. Glamour mate no tendal de hai algúns meses.